Ferrol pon en marcha unha nova acción de concienciación na campaña de corresponsabilidade doméstica
A Concellería de Igualdade e Xuventude do Concello de Ferrol, que dirixe Verónica Casal Míguez, impulsa unha nova acción de concienciación dentro da campaña para a eliminación de estereotipos e o fomento da corresponsabilidade no fogar, iniciada o pasado mes de marzo. Esta nova iniciativa céntrase na colocación de carteis en difertentes mupis das paradas de autobús da cidade baixo a lenda da iniciativa “A casa, cousa de todos”.
Segundo indicou a edil de Igualdade e Xuventude, a finalidade desta campaña “é transmitir a mensaxe de que os labores domésticos son responsabilidade de todos os membros da unidade familiar, polo que o reparto de tarefas ten que ser equitativo”.











