Ferrol organiza unha nova edición do obradoiro de cociña “Pequechef”
A Concellería de Igualdade e Xuventude do Concello de Ferrol, que dirixe Verónica Casal Míguez, organiza unha nova edición do obradoiro “Pequechef” dirixido a menores entre 4 e 12 anos. Esta segunda edición responde á boa acollida da primeira e a importante demanda de prazas polo que os nenos/as participantes no obradoiro que tivo lugar o pasado mes de febreiro quedarán automáticamente excluídos.
Esta master class, impartida polo chef Damián Alonso, se celebrará en dúas sesións dependendo da idade dos participantes e contará cun total de 30 prazas, 15 en cada sesión. Así as cousas, a actividade de cociña para os nenos/as de 4 a 6 anos se realizará o sábado 18 de abril, mentres que os menores entre 7 e 12 anos desenvolverán esta master class o día 25, no Mercado Municipal de A Magdalena. As inscricións poderánse formalizar a partir do vindeiro martes, día 7, no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol e se prolongará até o día 16 -para os menores de 4 a 6 anos- e até o día 23 -no caso de nenos entre 7 e 12 anos-.
A edil Verónica Casal explicou que “Pequechef” se desenvolverá no Mercado de A Magdalena e dará comezo ás 11:00 horas coa presentación e entrega do material e continuará cun percorrido polas instalaciíons para que os menores merquen os alimentos para realizar a receta. Ás 12:00 horas comezarán a cociñar o seu menú para despois degustalo. E por último, os pequenos recibirán un diplomas que acreditará a súa participación en “Pequechef”.











