Ferrol inicia os trámites administrativos para levar a cabo a reforma do mercado municipal de Caranza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, informou esta maña dos avances na actuación de reforma integral do Mercado Municipal do barrio de Caranza. Así, a comisión informativa da Área de Economía abordou esta mesma mañá o estudo de viabilidade e o proxecto basico de execución destes traballos, o que supón “o primeiro paso para que Caranza teña o mercado que realmente merece este barrio”, dixo Rey Varela. O primeiro edil da cidade informou sobre o contido desta actuación acompñado do edil de Economía, Alejandro Langtry Caínzos; e de dous operadores da praza de abastos de Caranza, un deles o voceiro deste colectivo de vendedores: Carlos Basoa.

Rey Varela lembrou que esta proposta “é un compromiso que este Goberno asumiu cos operadores desta praza de abastos”; e engadiu que “levamos meses traballando man con man cos operadores para avanzar nesta intervención de reforma integral das instalacións”. Neste sentido, tanto o estudo de viabilidade como o proxecto básico de execución serán abordadas na sesión plenaria ordinaria de fin de mes que se celebrará este xoves día 30. Unha vez realizada a aprobación inicial polo Pleno abrirase un prazo de exposición pública de trinta días e terá que volver de novo ao Pleno para a súa aprobación definitiva e inicio de licitación do concurso público que permitirá a concurrencia aberta entre empresas interesadas neste proxecto. “Deixaremos todo listo e terá que ser a vindeira corporación municipal a que se encargue de que esta actuación chegue a bo porto”, explicou o alcalde.

No que atinxe ao contido da actuación, esta abranque unha superfice total de 5.300 metros cadrados, dos que unha terceira parte se destinará a praza de abastos en que operarán unha vintena de placeiros nunhas instalacións completamente modernizadas. Así, o proxecto básico de execución encargado polo Concello inclúe dotar ao mercado de Caranza de dous ascensores, cámaras frigoríficas, aparcadoiro de 80 prazas, zona de carga e descarga e acceso pola rúa principal e posterior. A nova instalación municipal contará tamén con actividades complementarias e servizos dotacionais para o conxunto do barrio. “Esta proxecto está elaborado da man cos operadores, atendendo ás súas demandas e necesidades porque é indispensable contar co seu apoio para levar adiante esta actuación”, insistiu Rey Varela.

Estudo de viabilidade

Pola súa banda, o titular de Economía, Langtry Caínzos, detallou algúns aspectos do estudo de viabilidade presentado pola empresa Xestión Parque Comercial Caranza. Neste documento estímase un investimento necesario de 1,7 millóns de euros e márcase un período de concesión para a explotacion das instalacións de 30 anos.

28 de abril de 2015 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.