Ferrol conmemorará o Día Internacional da Danza con diferentes actividades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol conmemorará o vindeiro venres, día 1 de maio, o Día Internacional da Danza con diferentes actividades. Esta proposta, impulsada pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, se desenvolverá na praza de Amboaxe e en horario de mañá e tarde; e ten como obxectivo “achegar a danza a toda a cidadanía e por iso a levamos á rúa para que a actividade teña un impacto máis directo na xente e, dese xeito, poder facer chegar a danza a máis persoas”.

Arredor de 300 alumnos e alumnas de sete escolas de danza de Ferrol participarán neste evento conmemorativo do Día Internacional da Danza. Estas escolas son: Escola de Danza Suso Pérez Lago; Rembukan-Danza; Estudoo de Danza Matilde Pedreira; Escola de Danza Rosa Salanova; Asociación de Danzas Orientais “Shakti-dance”; e as Escolas de Danza “Danzares” e “Brío Danza”. As actividades darán comezo ás 11:30 horas co ensaio xeral das actuacións, e xa pola tarde, a partir das 16:30 horas, terá lugar o quecemento para bailaríns e pública. Posteriormente, se realizarán as actuacións das diferentes escolas, que teñen previsto o seu comezo en torno ás 18:30 horas. O alumnado das escolas de danza realizará danza clásica, moderna, contemporánea, hip hop, dance, danza oriental, jazz así como fusión de varios estilos.

Durante as actividades programadas, tamén haberá fotógrafos que retratarán o encontro conmemorativo do Día Internacional da Danza. Estas instantáneas serán recollidas nunha exposición fotografías no Centro Cultural Torrente Ballester.

28 de abril de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.