Ferrol acollerá un curso de cociña para principantes nos vindeiros meses de maio e xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Igualdade e Xuventude do Concello de Ferrol, que dirixe Verónica Casal Míguez, organiza o curso de cociña para principiantes “Un, dous, tres… a cociñar!!”, dirixido a persoas maiores de 18 anos e empadroadas no municipio ferrolán, e que se desenvolverá en dúas edicións os vindeiros meses de maio e xuño. O prazo de inscrición para participar neste obradoiro culinario estará aberto dende mañá martes e até o vindeiro 7 de maio. As solicitudes deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol e o número de prazas é de 20 -10 por cada edición-.

Este curso de cociña para principiantes, cun total de 15 horas de duración, se dividirá en catro sesións no Mercado Municipal de A Magdalena. A primeira edición de “Un, dous, tres… a cociñar!!” será os días 9, 16, 23 e 30 e maio, mentres que a segunda terá lugar todos os sábados do mes de xuño -días 6,13, 20 e 27-. Ámbolos dous obradoiros culinarios estarán impartidos polos chefs Damián Alonso e Daniel Pulzoni e se celebrarán en horario de 10:00 a 13:45 horas.

Estas catro sesións culinarias consistirán na elaboración de aperitivos creativos, primeiros plantos de cociña tradicional e vangarda, pratos principais (peixes e carnes), e postres e respostería.

27 de abril de 2015 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.