publicidade hoxe

Fene presenta á liña de axudas da Axencia de Turismo de Galicia o programa de mellora da accesibilidade da praia Río Sandeo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O concelleiro de Promoción Económica, Juan José Franco, informou esta mañá de que o Concello de Fene vén de presentar á liña de subvencións aberta pola Axencia de Turismo de Galicia o programa de mellora da accesibilidade da praia Río Sandeo. Unha intervención orzamentada en 25.480,69 euros. Cabe recordar neste sentido que as axudas están destinadas ao fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos nos concellos e poden chegar ao 100% do custe.

A intervención contempla a construción dunha rampa de acceso dende o aparcadoiro e ata o mesmo areal. Nesta liña, Juan José Franco lembra que a rampa existente ten unha pendente de 15 graos, polo que as condicións de accesibilidade non son as máis adecuadas. Así mesmo, conleva a reducción do aparcadoiro no seu lateral en dous metros, de cara a situar neste punto a nova infraestructura.

Nun primeiro tramo, e aproveitando o muro, proponse unha pequena excavación ata o seu remate. Dende aquí, e con pilares de madeira no areal, sinálase a disposición dun entramado portante onde descansen os travesaños e onde se anclen as rampas feitas en madeira tratada acorde co entorno.

27 de abril de 2015 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.