publicidade hoxe

Fene contratará a cinco persoas en risco de exclusión social perceptoras da Risga para mantemento e xardinería

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, avanzou esta mañá que o Concello reforzará o departamento municipal de Obras coa incorporación de cinco traballadores. Será grazas a unha subvención aprobada pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, que daba o seu visto bo ao proxecto presentado pola Concellería de Promoción Económica que dirixe Juan José Franco. Os beneficiarios deses contratos temporais serán persoas en situación ou risco de exclusión social que, ademáis, perciban a Risga.

A Xunta financiará eses contratos cunha achega de 63.147,70 euros, o que favorecerá a creación de emprego no municipio. Nesta liña, o rexidor avanza tamén que os traballadores se encargarán de tarefas de pintado de barandillas, pasos de peóns ou zonas amarelas. Así mesmo, tamén prestarán apoio en labores de xardinería, obras menores e limpeza viaria. O Concello prevé que a súa incorporación se produza ao longo do próximo mes de maio.

9 de abril de 2015 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.