publicidade hoxe

Feijóo presentou a Manuel Escourido como o próximo alcalde de As Pontes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs Pontes
A-
A+
O presidente da Xunta na presentación do alcaldable

O presidente da Xunta na presentación do alcaldable

Onte, xoves 23 de abril, ante un Cine-Auditorio do LAR abarrotado, o Presidente da Xunta de Galicia e do Partido Popular galego, Alberto Núñez Feijóo, presentou o novo proxecto que o PP ten para As Pontes, ao tempo que amosaba a súa plena confianza no “mellor candidato posible, Manuel Escourido”.

O Presidente sinalou que se os populares gañan as eleccións autonómicas en As Pontes, «poden facelo nas municipais». Para elo apelou «á confianza dos veciños». «Merecémola, aínda que non chegamos a cumprir ao 100 % os compromisos e hai xente que está sufrindo a crise económica; non era fácil nun país a punto de quebrar, a herdanza que nos entregaron os socialistas». O líder popular incidiu nos méritos dos gobernos central e galego, e ofreceu estabilidade, rigor, humildadee unión, fronte «á soberbia, a división e a frivolidade na xestión do PSOE pontés». Feijoo pideu unha oportunidade para o candidato pontés e seu equipo -«una oportunidade para o pobo, de ter un Alcalde que non está aquí para vivir do Concello nin servirse del, senón para servilo»-. Despois de remarcar que «a Xunta nunca abandonou As Pontes pese a estar gobernado polo PSOE» e comentar algunhas das múltiples inversións da Xunta: Centro de Día, Área Recreativa, 2,5 millóns en emprego, 6 millóns na depuradora, 220 millóns na autovía, 9 millóns da Consellería de Medio Rural, 100 millóns de Economía en incentivos a empresas e «un fermoso lago, realidade gracias á colaboración Endesa-Xunta»,

Despois do Presidente,fíxose a presentación oficial da lista de candidatos do PP de As Pontes.

A continuación, a intervención corría a cargo do Diputado Autonómico e Portavoz do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado,dando un perfil cariñoso do candidato “ese neno de Espiñaredo”, poñendo por diante a súa capacidade, o seu alto nivel formativo e profesional, a súa labor como emprendedor, a súa forma de asumir tódolos retos que se lle poñen diantee os valores que “puxo riba da mesa para realizar unha lista de compromiso, traballo, ilusión e valentía”.

Para cerrar o acto, o candidato Manuel Escourido dirixiuse aos asistentes cun tono claro, directo e rotundo, explicando o proxecto ambicioso, pero real, do PP de As Pontes, basado nas seguintes “ideas-forza”:

industria

– Desbloquear o solo industrial ocupado sen uso que hai nos polígonos ponteses.
– Creación de novo solo industrial e ampliación dos polígonos industriais existentes.
– Dotación de servizos aos polígonos industriais: iluminación, limpeza, saneamento, seguridade, telecomunicacións….
– Programas de promoción e axuda á implantación industrial en As Pontes.
– Posta en valor dos recursos ponteses de cara á atracción de empresas de alto valor engadido.
– Viveiro de empresas municipal e multisectorial (incluíndo naves industriais de dimensionables para facilitar o crecemento de actividades xa existentes).
– Desenvolvemento do entorno do lago nas dimensións industrial, urbanística e de ocio.

emprego

– Plan de Emprego Municipal: promoción do emprego en empresas de As Pontes para habitantes de As Pontes.
– Implantación da nova formación profesional: dual, modular e básica.
– Escolas-taller adecuadas á realidade de As Pontes (oficios, industria e sector primario).
– Incentivos para novos emprendedores de tódalas idades.
– Lanzamento dun programa de emprendemento social e emprendemento TIC.
 
servizos sociais

– Construción dunha Residencia Xeriátrica pública, de acceso a tódolos veciños, independentemente da súa capacidade económica.
– Fortalecemento dos servizos do Centro de Día e Axuda a Domicilio: respiros por horas, centro de noite, tele-asistencia…
– Protección da familia e da conciliación familiar: aumento de prazas en escola infantil municipal, axudas a familias en risco de exclusión social, escola de pais, xestión de horarios municipais para a conciliación…
– Plans de Igualdade e de Inclusión Social (discapacidade) transversais, de aplicación en tódalas iniciativas municipais e de esixencia a provedores da administración local.
– Programas de prevención de adiccións e de erradicación da violencia de xénero.
– Incremento dos servizos sanitarios do municipio en colaboración co SERGAS e/ou complementando a súa oferta.

smart-city

– Implantación da e-administración local: impostos, licenzas, rexistros… sen duplicidade de documentación nin de burocracia.
– Extensión das zonas de wifi libre e mellora da cobertura dos servizos de telecomunicacións no rural.
– APP local de aviso de incidencias por parte dos veciños: avarías, accidentes, suxestións… e de fomento da participación da cidadanía nos asuntos municipais.
– Creación de Consellos consultivos por área de especialidade e con profesionais locais de recoñecido prestixio: urbanismo, empresa e industria, social, xuventude, tecnolóxico e deportivo-cultural.
– Escaparate e Centro Comercial virtual para o comercio de As Pontes.

24 de abril de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.