Expourense asina un convenio de colaboración co Polígono Virtual de Galicia

Sinatura do convenio
Expourense asinou esta mañá un convenio de colaboración co Polígono Virtual de Galicia (P.G.V.), un clúster multisectorial que comparte co recinto feiral o obxectivo de, a través da organización de eventos profesionais, servirde axente dinamizador da actividade empresarial en Galicia, prestando especial atención á provincia de Ourense.A sinaturadeste convenio correu a cargo do director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, e do presidente do P.G.V., Xosé González Pérez, que estiveron acompañados pola directora adxunta de Expourense, Emma González, e o director financiero do P.G.V., José Luis Carballo.
Entre os puntos que contempla este convenio destaca o feito de que o P.V.G. poderá contar cunespazo reservado en todas as feiras e eventos programados no calendario feiral de Expourense para promocionar as distintas accións que están a promover e tamén para presentar os servizos que ofrecen ás empresas que decidan integrarse nestaentidade e que inclúendendeasesoramentonas áreas de Marketing, Imaxe Corporativa, Internacionalización, Competitividade, Formación e Novas Tecnoloxíasata asesoramento fiscal, xurídico e económico.Ademais, o P.G.V. integrarase activamente nos Comités Asesores das ferias de Expourense, de xeito que poderán estar presentes naorganización dos certames, achegar puntos de vista e contribuírna difusión do evento.
Polasúa parte, o Polígono Virtual de Galicia promoverá entre os seus adheridos/usuarios os eventos organizados por Expourense, animándoos a participar de xeito activo neles, ben como expositores, ben como visitantes profesionaisou asistentes ásxornadas técnicas. Con esta sinatura, Expourense ratifica ó seuapoioó asociacionismo empresarial apostando por entidades emprendedoras, como é o caso do P.V.G., que contribuirán a fortalecer o tecido empresarial galego.
O Polígono Virtual de Galicia atópasenestes momentos inmerso na organización do proxecto “Feigatech”, unhafeira especializada no sector tecnolóxicoque se poderíacelebrar nos vindeiros meses e que estará orientada á presentación de proxectos universitarios e de I+D+I, e taméná creación de “clústers” en territorios potencialmente favorables para as empresas galegas.











