Exposición sobre o futuro dos xóvenes xitanos no Día Internacional do Pobo Xitano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano, que se celebrou onte, 8 de abril, a Fundación Secretariado Xitano de Pontevedra inaugurou no CEIP San Benito de Lérez a exposición fotográfica “O futuro dos xóvenes xitanos escríbese cos seus soños”. É unha exposición froito da Xornada de Portas Abertas que a Fundación celebrou en xuño do ano pasado para presentar o programa Promociona, e clausurar o curso escolar 2013/14. Esta exposición pódese visitar en horario escolar.

9 de abril de 2015 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.