Exposición pública do censo electoral en Ferrol
O Concello de Ferrol informa de que entre os vindeiros días 7 e 13 de abril ábrese o prazo de exposición pública do Censo Electoral, período en que calquera persoa pode presentar unha reclamación administrativa sobre os seus datos censuais.
Así, o devandito censo estará a disposición dos interesados na Oficina Municipal de Estatística, situada na planta baixa da Casa Consistorial. A consulta deberá ser formulada polo propio interesado, previa identificación e o horario habilitado para facela é de luns a venres entre as 09.00 e as 14.00 horas. Os días 7 e 9 de abril, o horario amplíase ás tardes, entre as 17.00 e as 19.00 horas. Existe ademais un teléfono de consulta: 901 101 900.











