Estudates alemáns que se atopan de intercambio en Lugo visitan a Casa do Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Visita dos estudantes ao Consistorio

Visita dos estudantes ao Consistorio

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá a visita dun grupo de 16 mozos e mozas da cidade de Leipzig, en Alemaña, de intecambio no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes e que estan esta semana de intercambio coas familias dos alumnos lucenses que xa estiveron no mes de marzo en Alemaña.

O acto comezou gardando un minuto de silenzo en recordo das vitimas da traxedia acontecida no dia de onte no Mar Mediterraneo e no que se calcula que faleceron máis de 700 inmigrantes.

López Orozco lembroulles a importancia que teñen estes intercambios de alumnos, a nivel europeo, xa que nos permite coñecernos mellor, respetarnos e crear unha Europa en paz e unida. Neste sentido, o Alcalde, tamén lembrou con eles algunhas das figuras máis destacadas da cidade de Leipzig dende músicos a filósofos.

20 de abril de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.