Entra en servizo a nova oficina de turismo da praza de España
O Concello de Ferrol informa da entrada en servizo da nova Oficina Municipal de Turismo, situada no edificio de pranta baixa na praza de España máis próximo á Biblioteca Municipal. Esta apertura coincide coa gran afluenza de turistas que durante estes días visitan a cidade con motivo da celebración da Semana Santa, declarada de Interese Turístico Internacional, e a chegada de cruceristas ao porto ferrolán.
Neste novo espazo, de 170 metros cuadrados de superficie, pódese atopar todo tipo de información de carácter turístico, paisaxístico, patrimonial ou cultural como folletos da Ruta da Construción Naval, a Ruta das Meninas de Canido, a Semana Santa Ferrolá ou as praias do litoral ferrolán. Así mesmo, as personas que visiten a Oficina Municipal de Turismo da praza de España terán á súa disposición mapas da cidade naval ou do xeodestino de Ferrolterra. Tamén dispoñen dunha zona con ordenadores para poder realizar consultas online e dun espazo onde se proxectan varios videos turísticos de Ferrol e o seu xeodestino. Así, nestas dependencias pódense visionar vídeos promocionais das Pepitas, Semana Santa, o xeodestino Ferrolterra -titulado “Mergúllate en Ferrolterra”, e “Descubre Ferrol”, con información das rutas turísticas e de interese cultural do municipio
Horarios das oficinas turísticas en Semana Santa
Con motivo da Semana Santa, tanto a nova Oficina Municipal de Turismo da praza de España como a situada no peirao de Curuxeiras, permanecerán abertas tódolos días até o vindeiro luns día 6 (inclusive). O horario de atención será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.











