Entra en funcionamento a nova iluminación da rúa San Isidro Labrador

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Hoxe mércores 29 de abril entra en funcionamento a nova instalación do alumeado público da rúa San Isidro Labrador que tivo un presuposto de 26.403 euros e que foi feita con cargo a melloras de obra. Con esta nova instalación suprímense os cruces aéreos existentes nesa rúa e tamén un cuadro eléctrico que se atopaba en malas condicións. Desta maneira, os veciños e veciñas contarán dende hoxe con 6 novos puntos de luz de 250 vatios con doble nivel que irá conectado ao cadro da rúa Viana do Castelo.

29 de abril de 2015 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.