publicidade hoxe

Encontro dixital en Oleiros co secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para afondar no traballo municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Daniel González Palau, estará nas redes sociais da propia entidade para afondar, entre outros temas, na cooperación internacional desde o municipalismo galego, a acción exterior de Galicia e o traballo realizado na lexislatura 2011-2015 desde o Fondo Galego, do que é socio fundador o Concello de Oleiros, e que renovará a súa Comisión Executiva en outubro, como cada catro anos tras as eleccións municipais.

A conversa en liña terá lugar hoxe entre as 16.30 e as 18.00 horas, no Facebook e Twitter do Fondo Galego. O obxectivo desta convocatoria é achegarse ao labor da entidade como ferramenta da administración local galega para a cooperación internacional e a súa axenda de traballo, que ao longo dos seus 18 anos de historia se centrou na defensa e promoción dos Dereitos Humanos e o apoio ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), que conclúen en decembro deste ano e son a base inicial da conversa dos encontros dixitais #Alén2015. #EncontroFondo

Existen diferentes vías para poder participar no ciberencontro, tanto en directo como con carácter previo. Durante a charla, pódense facer as preguntas en “comentar”, debaixo da imaxe de Daniel G. Palau que se subirá ao muro do Facebook (facebook.com/fondogalego) do Fondo Galego ás 16.30 horas do xoves. No Twitter (@FondoGalego) pódense deixar as cuestións para Palau co hashtag #EncontroFondo. Quen non poida participar en directo pode deixar as súas dúbidas no formulario dispoñible en http://ir.gl/285b92; no Facebook, no espazo reservado a comentarios nos post que anuncien o encontro ou nunha mensaxe privada; no Twitter, co citado hashtag, ou envialas a fondogalego@gmail.com.

As persoas que acheguen as súas cuestións a través do formulario poderán obter un exemplar da revista Tempo Exterior do Igadi, a que escollan do catálogo; e só por participar entrarán nun sorteo dun lote de libros que realizaremos o 23 de decembro, cando finalicen os encontros #Alén2015.

30 de abril de 2015 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.