Encontro de Infancia e Educación Social na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Na Coruña, o 17 de abril, na facultade de Ciencias da Educación, o grupo de traballo Escaravellando do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia organiza este encontro co obxectivo de analizar as implicacións que supón a reforma lexislativa que se está plantexando a nivel estatal no tocante ao sistema de protección de menores, que afectará ao traballo cotián e ao funcionamento dos recursos de atención á infancia en situación de risco e desamparo.

Está dirixido a educadoras/es sociais, outros profesionais do ámbito da Infancia, estudantes de titulacións do eido social e educativo, particulares interesados nestes campos…

Entre outros, contará coa presenza de JaumeFunes, psicólogo, educador e xornalista especializado no mundo da infancia e adolescencia e as súas dificultades sociais, que ten realizado diversas investigacións e escrito varios libros e numerosos artigos sobre este tema, e que ostentou o cargode defensor dos dereitos da infancia en Cataluña entre 2004 e 2006.

14 de abril de 2015 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.