publicidade hoxe

Emma Rodríguez expón a súa obra pictórica na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Do 15 ó 30 de abril, na sala de exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte, poderá visitarse a exposición de pintura deEmma Rodríguez Álvarez, Era.

Emma Rodríguez Álvarez (Era), naceu en Láncara (Lugo) e actualmente reside en Toledo.

A súa obra é a máxima expresión de sentimentos tinguidos. Cores que se debilitan para dar paso a medias tonalidades nas que se esconden recordos de paisaxes e da natureza na súa máxima expresión.

Emma Rodríguez traballa en solitario investigando sobre a forma e o estilo pictórico. As experiencias da súa vida xunto á procura do equilibrio entre composición e cor son a base da súa creación artística.

Os seus cadros son fiestras que se incorporan ó noso hábitat e nos abren a sentir, xa que son estas as que nos atraerán á luz, á enerxía e á harmonía, elementos que necesitamos para vivir estética e creativamente.

Era realizou múltiples exposicións individuais en numerosas cidades españolas dende o ano 1990. Lugo, Xaén, Santiago de Compostela, Málaga, Toledo, Madrid, Pontevedra, A Coruña e Cidade Real foron algunhas delas. Tamén colgou as súas obras en París e, participando en exposicións colectivas, mostrou os seus cadros nos Estados Unidos, nas cidades de Miami e Pomona (California), entre outros moitos lugares.

14 de abril de 2015 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.