publicidade hoxe

Duelo irmandiño en Burela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Tras o encontro do pasado sábado ante FC Barcelona, no que os de Santiago recibiron un duro castigo pese ao traballo e ao esforzo despregado en pista, o persoal reincorpórase esta tarde ao traballo pensando xa no rival deste venres. O duelo irmandiño da 28ª xornada enfrontará a santiagueses e mariñaos o venres ás 21h no Pavillón de Vista Alegre de Burela.

Os de Santi Valladares, asentados na décimo terceira posición con 28 puntos, atópanse a só dous puntos do seu obxectivo da décima praza. Burela Pescados Rubén, pola súa banda, aséntase en noveno lugar con 33 puntos, sen opcións xa de clasificarse para Play-Off, posto que a distancia co oitavo clasificado é de dez puntos a falta de tres xornadas para finalizar a competición.

O encontro do venres en Burela será a posta en escena de dúas dos mellores equipos galegos de fútbol sala no máis alto nivel. No encontro de ida Santiago Futsal superou ao conxunto laranxa por 3-2, e agora os da capital galega buscan revalidar e asinar unha vitoria a domicilio que lles permitiría achegarse a esa anhelada décima praza.

Ademais da cita do venres en Burela co mellor fútbol sala galego, o fin de semana terá lugar na Cidade da Cultura o mellor fútbol sala base no torneo ‘Cidade do Futsal’ organizado polo Santiago Futsal en colaboración co Concello de Santiago de Compostela e Viaqua. Durante o sábado e o domingo a Cidade da Cultura engalanarase con pistas de fútbol sala para disputar a Minifutsal Cup que tanto éxito tivo o ano pasado e que este ano se volve a repetir con alto nivel de inscrición de equipos tanto en categoría prebenxamín e benxamín como alevín.

Plan de traballo semanal

Luns 6 de Abril
16.45h- Multiusos- Táctico

Martes 7 de Abril
17h- Multiusos- Táctico

Mércores 8 de Abril
9.30h- Multiusos- Forza rápida + Transf. + Porteiros
17h- Multiusos- Táctico

Xoves 9 de Abril
17h- Multiusos- Táctico

Venres 10 de Abril
21h- Vista Alegre- Partido da 27ª Xornada de Liga

Burela Pescados Rubén vs Santiago Futsal

6 de abril de 2015 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.