Dúas persoas afectadas por inhalación de fume en Ourense tras quedar atrapadas nun ascensor durante un incendio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseSucesos
A-
A+
Europa Press

Efectivos de emerxencias asistiron este luns dúas persoas afectadas por inhalación de fume tras quedar atrapada nun ascensor durante un incendio declarado nun edificio de Ourense.

Segundo informou o Centro de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu sobre as 8.00 horas deste luns, cando se declarou un incendio nun edificio situado na Rúa Reza, en Ourense.

Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos da Policía Local e de Protección Civil, así como os Bombeiros, que recataron dúas persoas que quedaran atrapadas no ascensor. Persoal sanitario do 061 atendeu no mesmo lugar do suceso aos dous afectados, que inhalaran fume mentres estaban atrapados.

Segundo datos dos Bombeiros, o incendio iniciouse nun cadro eléctrico do edificio e non causou danos de consideración.

6 de abril de 2015 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.