Dous grupos realizarán o luns o roteiro dos Bolechas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O vindeiro luns 27 de abril, farán o roteiro dos Bolechas dous grupos. O primeiro será o formado por 30 alumnos/as do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Chapela (Vigo), que sairán da praza da Ferraría ás 10 horas. Os segundos en facer esta visita serán 25 alumnos/as de 1º curso de educación primaria do colexio Doroteas, que sairán ás 12 horas desde a mesma praza.

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer o roteiro dos Bolechas para dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas de 1 a 7 anos. Con esta excursión pola zona antiga de Pontevedra os máis pequenos farán un percorrido guiado polo centro histórico da cidade. Por medio de xogos cos Bolechas, os personaxes creados por Pepe Carreiro, a actividade busca ligar o uso do noso idioma cos espazos urbanos da cidade e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.

24 de abril de 2015 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.