Dous atletas da Sociedade Ximnástica subiron ao podio no galego de 1 km. en ruta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Celebrouse na localidade coruñesa de Sada, o Campionato de Galicia de 1 km. en ruta para atletas menores, coa participación dalgúns dos integrantes da Escola Municipal de Atletismo da Sociedade Ximnástica de Pontevedra.

Os irmáns Santos Villalón fixérono moi ben e conseguiron medalla nas súas respectivas categorías, Carolina foi segunda na carreira alevín feminina, mentres que Pedro foi bronce na infantil masculina. Aínda que non conseguiron ningún posto de podio, hai que destacar tamén as actuacións de Blanca Armenteros, Antía Carrasco e Helena Suárez.

A Sociedade Ximnástica vence por equipos no Desafio 42 de Ourense

O máis parecido a correr un Maratón foi participar o pasado fin de semana no Desafío 42 de Ourense, tres carreiras en dous días que sumaban entre as tres, a distancia de 42.195 metros.

Aínda que ningún atleta da Sociedade Ximnástica, participou nas tres carreiras, si o fixeron na clasificación por equipos, na que puntuaba un atleta en cada unha das carreiras.

O equipo pontevedrés, formado por Iván Docampo, Eva Iglesias e Fran Iglesias; completou a distancia total en 2 horas e 37 minutos; levándose a vitoria. Iván Docampo, fíxoo moi ben no Medio Maratón de Xinzo de Limia, ao quedar segundo; pola tarde Eva Iglesias foi terceira nos 11 km. do Carballiño; e ao día seguinte, Fran Iglesias rematou moi ben a actuación da Ximnástica cun cuarto posto nos 10 km. de Celanova.

14 de abril de 2015 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.