Dezaseis actuacións integran “Música tradicional na rúa. Ferrol 2015” organizada pola concellería de Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, organiza entre os meses de abril e maio unha nova proposta musical que terá lugar polas rúas do municipio ferrolán. “Música tradicional na rúa. Ferrol 2015” conta coa colaboración especial do Real Coro Toxos e Froles que está a celebrar o centenario do seu nacemento como agrupación.

“Musica tradcional na rúa Ferrol 2015” dará comezo mañá sábado, día 25 de abril, coa agrupación folclórica e cultural “Terra Meiga” que sairá ás 13:00 horas da Igrexa do Socorro e percorrerá o paseo da Mariña e o mercado até chegar a praza da Constitución. Este mesmo día e á mesma hora, o “Real Coro Toxos e Froles” ambientará as rúas do centro da cidade saíndo da praza de España, rúa Galiano, praza de Armas, rúa Dolores até rematar na praza de Amboaxe.

Esta programación cultural e musical continuará ao día seguinte, domingo día 26, coa actuación de “Donas e Galáns” polas rúas do centro da cidade a partir das 12:00 horas; e xa pola tarde o folclore de “Lembranzas do Condado” chegará á asociación de veciños de Pazos. Outras das agrupacións musicais que participarán o vindeiro mes de maio en “Música tradicional na rúa. Ferrol 2015” son “Agarimo de Catabois” ou o “Grupo Etnográfico das Mariñas”.

Máis concretamente, a programación completa para o vindeiro mes de maio desta proposta que leva a música tradicional polas rúas de Ferrol é a seguinte:

Sábado, día 2 de maio

“Terra Meiga”. Percorrido: Feirón do Inferniño na praza de Porta Nova. Saída ás 12:00 horas.

“Agarimo de Catabois”. AVV O Lago de Doniños, saída ás 18:00 horas.

Domingo, día 3 de maio

“Agarimo de Catabois”. Percorrido: igrexa das Angustias, Cantón de Molíns, praza da Constitución, rúa da Terra, rúa Real, Praza de Amboaxe. Saída ás 13:00 horas.

“Real Coro Toxos e Froles”. Percorrido: praza de Canido, rúa Alegre e zona do Cruceiro de Canido polos Maios. Saída ás 13:00 horas.

Sábado, día 9 de maio

“Lembranzas do Condado”. Percorrido: Feirón de Caranza na avenida de Castelao. Saída ás 12:00 horas.

“Real Coro Toxos e Froles”. AVV Santa Icía, saída ás 19:00 horas.

Domingo, día 10 de maio

“Grupo Etnográfico das Mariñas”. Percorrido: praza do Callao, rúa Pardo Baixo, igrexa das Angustias, avenida de Esteiro, rúa Españoleto. Saída ás 13:00 horas.

“Donas e Galáns”. Percorrido: Teatro Jofre, rúa da Igrexa, praza do Callao, rúa Rochel, praza de España, rúa Magdalena e praza de Armas. Saída ás 13:00 horas.

Sábado, día 16 de maio

“Agarimo de Catabois”. Percorrido: local de Agarimo, estrada de Catabois até o cuartel da Garda Civil. Saída ás 12:00 horas.

“Terra Meiga”. AVV Marmancón, saída ás 17:30 horas.

Domingo, día 17 de maio

“Grupo Etnográfico das Mariñas”. Percorrido: Feira de Ferrol pola rúa Irmandiños e Porto. Saída ás 13:00 horas.

“Donas e Galáns”. Percorrido: igrexa das Mercedarias, rúa Nova de Caranza, rúa Sartaña cara Ultramar, rúa Venezuela, praza de Ultramar. Saída ás 13:00 horas.

24 de abril de 2015 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.