publicidade hoxe

Dez equipos laranxas participarán no memorial Rodrigo Maseda Lozano 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

A base do Burela FS Pescados Rubén volverá ser fiel a unha das súastradicionais citas estivais, o Memorial de Fútbol Sala Base Memorial Rodrigo Maseda Lozano 2015 (3, 4 e 5 de xullo), que organiza a Fundación Imdecum. A escolalaranxaxaformalizou a inscrición de dez equipos, entre prebenxamín e xuvenil, para a referencia deportiva do verán da Mariña.

En 2014, o club burelistaalzouseco trofeo de campiónna categoría Xuvenil, nun evento que reuniuarredor de 400 deportistas, coa participación de equipos de Asturias, Valladolid, Madrid, A Coruña, Ourense e, por suposto de Lugo e A Mariña.

Na cuarta edición desta emotiva competición, que honra a memoria do policía burelaofalecidoen 2012 na praia coruñesa do Orzán durante un rescate, abisbarraacollerá a ilusión futbolística das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, ás que se suman este ano como novidade os máispequenos, os prebenxamíns. O pavillón municipal de Xove, A Veiga (San Cibrao), Marzán (Foz) e Monte Castelo e Vista Alegre (Burela) acollerán a competición, coa incorporación do municipal de Viveiro.

Coincidindoco grande ambiente da FestaCastrexa en Burela, os rapaces/as taménpoderán gozar dunha programación lúdico-deportiva complementaria, con inchables, e visitas guiadas ao barco-museo Reina del Carmen de Burela e o Museo do Mar de San Cibrao, ademais de ter a posibilidade de usar as instalacións de Activity Center e do complexo deportivo da Marosa, navilaburelense.

27 de abril de 2015 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.