Deteñen a un home por pegar cunha pedra a outro que supostamente lle roubou
Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 40 anos por agredir cunha pedra a outro de 28 -ambos estranxeiros con domicilio en Cangas e Vigo, respectivamente- que supostamente lle roubou o móbil e diñeiro e que tamén foi detido por insultar e ameazar de morte ao agresor.
Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron ás 19,30 horas deste luns, cando recibiron un aviso para que acudisen ata a rúa Gaiteiro Portela, onde se estaba producindo unha pelexa entre varias persoas.
No lugar, os axentes comprobaron que había un mozo co torso descuberto que sangraba polo rostro e, a poucos metros, había outro individuo que aseguraba que o primeiro lle roubou o seu teléfono móbil e diñeiro.
O mozo de 28 anos, que responde ás siglas M.A.A., atopábase ferido, nervioso e alterado e insultaba tanto aos policías como ao outro home, ao que ameazou de morte. Ademais, tentou autolesionarse cunha lata. Por todo iso procederon á súa detención, e prestóuselle asistencia nun centro médico.
Así mesmo, como as lesións que presentaba foron producidas presuntamente por golpes na cara propinados cunha pedra polo outro home; B.E.A., de 40 anos, tamén foi detido e impútaselle un delito de lesións.











