Detéctase unha avaría na iluminación do centro de Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

Obras detectou durante estes últimos días unha avaría que se producía no centro de Cambre. Ao parecer, produciuse un apagamento de forma intermitente durante varias noites que se debeu a un curtocircuíto ocasionado pola reactancia dun farol. O departamento de Obras viuse obrigado a manter acendido a iluminación pública durante unha mañá e dúas tardes para poder detectar a avaría. Varios veciños alertaron de que as luces estaban acendidas e informóuselles da actuación do servizo de mantemento. Por outra banda, o goberno local quere deixar claro aos partidos políticos que puxeron en dúbida a dilixencia deste executivo sobre a iluminación pública, que se se puxeron en contacto co departamento de Obras informáselles da reparación.

30 de abril de 2015 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.