CxS solidarízase cos veciños de San Pedro ameazados pola falta de enganche eléctrico para a Festa da Primavera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Compromiso por Galicia-Santiagomanifesta o seu total apoio aos veciños e veciñas do barrio de San Pedro empezando polos membros da comisión de festas.O seu candidato á alcaldía, Xosé Antón López, afirma: “tras o inxente traballo que supón organizar unhas Festas que a dia de hoxe son en Santiago un referente de traballo ben feito atópanse con que o Concello presidido por Agustin Hernández decide boicotealasnon permitindo instalar puntos de enganche eléctrico para o funcionamento normal das festas”.“As festas da Primavera fan cidade e contan con todo o noso apoio”, asegura.

Compromiso denuncia a falta de vontade de colaboración do concello cos seus cidadáns. Segundo os galeguistas“a instalación de caixas eléctricas que sexan seguras para as conexións é unha operación que poría facerse en dous o tres días e a un costa mínimo pois o Concello ou no seu caso a adxudicataria do servizo xa dispón delas, de feito vanse instalar na feira do libro, e probablemente nos actos de comezo de toda campaña electoral”.

Xosé Antón López acusa ao goberno do PP de“querer acabar co movemento veciñal na cidade pola vía de estrangulalo economicamente e restrinxirlles o uso dos locais sociais, ata o punto de manter varios deles pechados”.

Segundo o candidato de Compromiso, “seica neste momento toca a guerra contra as comisións de festas: Pontepedriñaxa o sufriu cos accesos ao campo da festa e agora tócalle o turno a San Pedro, só queda saber cal será o seguinte barrio da lista”.

30 de abril de 2015 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.