Curso Formación Continua CAP en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Asociación de Empresarios Ferrolterra en colaboración coa Confederación de Empresarios da Coruña organiza o curso de Formación Continua CAP, enmarcado dentro do Plan Intersectorial de formación da CEC. O obxectivo do curso é actualizar os coñecementos esenciais para o exercicio da función dos condutores profesionais, facendo especial fincapé na seguridade na estrada e a racionalización do consumo de carburante. Esa función ten por finalidade profundar e revisar algúns dos coñecementos adquiridos coa obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial.

Esta formación está totalmente subvencionada, terá unha duración de 40 horas, con inicio o 27 de abril e finalización o 27 de maio, en horario de 19:30 a 22:00 horas (de luns a xoves). Está dirixido a traballadores autónomos e asalariados.

Esta formación continua é obrigatoria para todos os condutores titulares dos permisos de condución afectados polo CAP, deberá seguirse, por primeira vez, antes de que transcorran cinco anos desde a obtención de certificado de formación inicial, e debe repetirse a partir de entón, polo menos, cada cinco anos

10 de abril de 2015 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.