publicidade hoxe

Curso de tapicería en Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

A concellaría de xuventude informa de que queda algunha praza dispoñible no obradoiro de tapicería que deu comenzo hoxe na Casa dos Guardeses de Besada e que se manterá ata o mes de xuño, que se desenvolve os venres de 10.00 a 12.00. Asemade, o venres 17 dará comenzo a edición de tarde, de 17.00 a 19.00.Da man da monitora Pilar Campos, o alumnado aprenderá as técnicas necesarias para tapizar todo tipo de enseres, dende: cadeiras, escabeis, sofás orelleiros, pufs, cabeceiros, cómodas………..O taller ten un coste de 20€/mes e a organización facilita o tfno. ao que poden chamar as persoas interesadas para completar a súa inscrición.

CHARLA:INCUBADORA DE PROXECTOS

Para o día 23 de abril, xoves, a OMIX propón unha charla que baixo o título de :”Incubadora de Proxectos”, pretende ser unha ferramenta de traballo, enfocada a mozos/as que teñan previsto presentar propostas no marco dos programas de participación xuvenil e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto á redacción e execución de proxectos.

Pretende amosar aqueles recursos especialmente enfocados a mozos7as universitarios e centrarse en propostas de emprendemento, participación e voluntariado dando especial relevancia ao programa Iniciativa Xove, que financia con ata 4.000 euros proxectos impulsados por este colectivo no eido da participación xuvenil.

10 de abril de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.