publicidade hoxe

Curso de prevención de riscos laborais para os traballadores do plan de emprego en Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+
Curso de prevención de riscos laborais

Curso de prevención de riscos laborais

O Concello de Cerdedo forma aos 14 traballadores recentemente contratados a través do Plan de Emprego da Deputación en materia de prevención de riscos laborais.

Estes traballadores que iniciaron os seus contratos o pasado 23 de marzo por un período de 6 meses, dedicaranse a realizar tarefas de limpeza e acondicionamento do centro urbano e á mellora das zonas verdes e axardinadas de todo o municipio, tales como áreas recreativas, rutas de sendeirismo, cemiterios, etc…

Na mañá de hoxe nas dependencias municipais e en colaboración coa empresa que presta os servizos de prevención, asistiron a unha xornada básica en materia de prevención de riscos laborais e primeiros auxilios.

Esta xornada foi impartida por un técnico especialista na materia e os contidos impartidos foron:

– Introdución Lei prevención riscos laborais
– Conceptos básicos
– Medidas de emerxencia
– Riscos específicos do posto

A duración da mesma foi de 3 horas.

Así mesmo fíxoselle entrega dos equipos de protección individual e da roupa de traballo para prestar este servizo que desenvolverán de forma integrada na brigada de operarios municipal apoiando aos operarios municipais noutras tarefas.

“Con esta xornada buscamos formar aos traballadores e na medida do posible minimizar riscos para evitar accidentes de traballo. Consideramos básica esta formación que se imparte, de aí a nosa preocupación porque asistisen todos os traballadores dos distintos plans e programas que temos e adecuamos a formación á especialidade que teñen os mesmos”, declara o Alcalde.

Depogap

Igualmente técnicos municipais e da Deputación reuníronse para pór en marcha o proxecto Depogap. Trátase dun proxecto de base tecnolóxica que mellorará os servizos públicos prestados implementando un novo modelo innovador de xestión intelixente dos activos municipais. Búscase dotar ao Concello de información interna a base de auditorías que permita optimizar a xestión e tomar decisións intelixentes para aforrar custos en materia de telefonía, luz, etc… As actuacións a realizar con este proxecto son: realizar un inventario de activos e dos contratos de subministracións municipais, así como desenvolver probas de eficiencia enerxética sobre diversos ámbitos que no caso de Cerdedo será na Casa Consistorial, Pavillón Polideportivo e Centro Cultural de Cerdedo para lograr o correspondente certificado enerxético.

1 de abril de 2015 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.