Curso de iniciación á natación para persoas maiores no Carballiño
A Concellería de Igualdade e Benestar Social do Concello do Carballiño informa que comezará un Curso de Iniciación de Natación para Persoas Maiores. Os requisitos para este curso serán: estar empadroados no Concello do Carballiño e ser maior de 60 anos. O prazo para anotarse a esta actividade comeza o vindeiro martes 7 de abril .Tendo que acudir con copia do DNI e certificado médico onde se recolla que poden practicar esta actividade.











