publicidade hoxe

Curso de formación de primeiros auxilios ante accidentes laborais no sector agrogandeiro e forestal en Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), en colaboración co Concello de Fene, organiza o curso “Formación de primeiro auxilios. Formación para actuación ante accidentes laborais no sector agrogandeiro e forestal”. Nesta liña, o concelleiro de Promoción Económica de Fene, Juan José Franco, informou de que, cunha duración de oito horas, desenvolveráse os días 14 e 15 de maio na aula do departamento municipal de Cultura (Avda. Naturais, 44 entrechán), entre as 16 e as 20 horas.

Poderán acceder persoas traballadoras ou desempregadas maiores de 18 anos que residan en Fene ou nalgún dos concellos pertencentes ás rías Altas e arco Ártabro ou que traballen na actualidade ou o fixesen nun centro de traballo con actividade agraria. O prazo de inscripción remata o día 7 e as solicitudes poderán presentarse por correo electrónico (desenvolvementorural.issga@xunta.es); fax (981 17 48 02) ou no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene, que remitirá as solicitudes ao ISSGA. Ao remate do taller, o ISSGA expedirá certificado de asistencia aos alumnos. Na acción abordaránse, entre outros, os seguintes contidos: Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo; Os primeiros auxilios: aspectos xerais; Situacións de emerxencia e Protocolos de actuación.

29 de abril de 2015 | 11:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.