Curso de elaboración de xabóns artesanais e cosmética natural en Poio
Hoxe, á 17.00 h, na biblioteca de Besada, comenza o obradoiro de elaboración de xabróns artesanais e cosmética natural que organiza a concellaría de Xuventude a través da OMIX, no que as asistentes aprenderan da man da monitora Ana Leirós, tódolos segredos relativos a esta temática.Este taller se plantexa cunha duración de 3 meses:abril, maio e xuño e ten un coste de 20/mes.A organización informa de que queda algunha praza dispoñible e se hai alguén interesad@ pode chamar ao tfno.: 986872401.
MERCADO DO TROCO NA RÚA-22 DE ABRIL
As concellarías de Xuventude-OMIX e Benestar Social, apostan por repetir a experiencia de organizar un ano máis outra edición do mercado do troco xa que hai moita xente que o solicita por mor do éxito de participación que tivo o ano pasado. Así, se está preparando todo para o día 22 de abril, no que se colocará o mercadillo no aparcadoiro do Centro Social, de 11.00 a 13.30, pola mañá e de 17.00 a 20.00 pola tarde( se non chove).
Neste mercado, como o título di, só se intercambian productos sen transacción económica de por medio e o único que hai que facer é buscar nas nosas casas aqueles obxectos ou productos que xa non queiramos , non necesitemos ou dos que estemos aburrid@s e traelos para cambialos por outros dos expostos nas mesas, que previamente deixaron outr@s veciñ@s.As persoas que prefiran deixar as cousas con antelación ao día do mercado tamén poden facelo; se lles entregará un vale ou vales de intercambio e o propio día poderán facer uso do/s mesmo/s.
Neste mercado do troco se admite de todo sempre e cando esté en bo estado: roupa, menaxe, libros,tecnoloxía, complementos, adornos……Vai dirixido a un público adulto, e tanto á veciñanza como ás persoas de concellos limítrofes que lles guste a idea.











