publicidade hoxe

Curso de elaboración de pan, empanadas e empanadillas en Salvaterra de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

Este luns comeza, na cociña da do Parque Público A Canuda,  un Curso de Hostelería centrado na  elaboración de pan, empanadas e empanadillas, co obxecto de que os quince participantes adquiran coñecementos sobre diversas formas de elaboración de pan, empanada e empanadillas.

Tres horas durante 5 días onde se mirarán os diferentes tipos de fariña e levaduras, elaboración da masa nai. Farsas e recheos,  practicaran facendo a Hogaza Artesanal de pan branco, farsas de empanadas e empanadillas., elaboración de pan de chapata, empanadillas de carne e polo, elaboración de pan de noces con pasas, pan de olivas negras, empanada de bacallau e pasas, elaboración de pan integral, pan de millo, empanada de zorza, empanada de mexillóns con chourizo, elaboración de pan de leite, pan de mostaza para hamburguesas e empanada de millo de zamburiñas e algas.

Este curso será impartido por unha Técnica especialista en Hostelería, docente de cursos de restauración.

27 de abril de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.