publicidade hoxe

Curso de bolsillo de informática en Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

A OMIX organiza para os días: 19, 20 e 22 de maio un obradoiro de bolsillo, de 6 horas de duración, denominado “informática para traballar”, no que as persoas asistentes aprenderán o dominio da búsqueda de emprego a través da rede: creación dun e-mail, rexistro nas principais páxinas de emprego, listado de recursos e páxinas de emprego, uso correcto do correo electrónico…..

As clases se impartirán no Centro Social, no que está ubicada a oficina de información xuvenil, os mencionados días, en horario de 10.00 a 12.00 h.As prazas son limitadas, con preferencia para @s veciñ@s de Poio xa que son gratuitas .

CURSO DE FORMACIÓN:”SERVIZOS DE RESTAURANTE”

Entre o 15 e o 25 de maio, a concellaría de Xuventude de Poio, a través da OMIX, propón un curso de formación de 30 horas relacionado co mundo da hostelería co obxectivo principal de formar neste campo ás persoas inscritas no dito curso , ben coa intención de iniciar ou ampliar curriculo xa que dende a organización se constata que alomenos na tempada estival, é un sector que ofrece algo de saída a nivel laboral.

O curso constará dunha parte teórica ainda que vai ser eminentemente práctico, o horario do curso sería de 9.15 a 13.15 h e se impartiría na biblioteca de Besada.As prazas son limitadas e teñen preferencia @s nos@s veciñ@s polo que as persoas interesadas en inscribirse ou solicitar máis información poden facelo no tfno.: 986872401 ou a través do correo: xuventude@concellopoio.org  

24 de abril de 2015 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.