publicidade hoxe

Curso de baile tradicional galego na Baña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

O Concello da Baña organiza a partir deste mes de abril un Curso de Baile Tradicional Galego Infantil e Adulto. Terá unha duración de seis meses, con posibilidade de prorrogar a duración do mesmo. Comenzará o martes día 21 de abril. E será impartido no Centro Social e da Terceira Idade. Os interesados poderán apuntarse ata o mesmo día do inicio do curso, que terá un prezo de trinta euros. Os horarios para infantil son: os martes de 19.45 horas ás 20.45 horas. E os horarios para a modalidade de adultos son: os martes das 21.00 horas ás 22.00 horas. Para máis información os interesados poden dirixirse aos teléfonos do Concello da Baña.

7 de abril de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.