Curso de acompañante de transporte escolar en Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán a través da OMIX organiza un curso de acompañante de transporte escolar destinado a mozos e mozas empadroados en Nigrán con idades comprendidas entre 16 e 35 anos. Terán preferencia as persoas desempregadas. Tamén poderán participar as persoas que non cumpran o requisito de idade se a totalidade das prazas non fose cuberta. As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude dende o día 5 de maio ata o día 12 de maio no Rexistro Xeral do Concello.

Elaboración de alpargatas

Por outra banda, a través do CIM organízanse dous obradoiros de elaboración de alpargatas. O obradoiros desenvolverase o día 16 de maio cos seguintes horarios: de 16:00 horas á 19:00 horas e de 19:00 horas a 22:00 horas. Terán un custe de 10 euros por participante.

Poderán participar un total de 24 persoas, 12 persoas en cada un dos turnos. É requisito estar empadroado no Concello de Nigrán. O periodo de inscrición comezará o vindeiro 5 de maio e rematará o 14 de maio.

A Selección das persoas participantes farese por riguroso orde de inscrición e deberán presentar a súa solicitude no CIM en horario de 9:00 horas a 14:00 horas.

30 de abril de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.