Coro Piñeiro interésase polas necesidades dos usuarios e do persoal da residencia de maiores de Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+
Coro Piñeiro na visita á residencia de Carballo

Coro Piñeiro na visita á residencia de Carballo

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, visitou hoxe a residencia de maiores da localidade para pulsar a súa realidade e coñecer de primeira man as demandas do responsable, dos traballadores e dos usuarios, cos que mantivo unha xuntanza.

A secretaria xeral está a realizar unha rolda de visitas aos centros residenciais públicos de Galicia co obxectivo de analizar de cerca as necesidades e as inquietudes vencelladas aos mesmos, tanto no plano material, como persoal, ou de recursos humanos.

A Consellería de Traballo e Benestar oferta nesta residencia 26 prazas públicas de maiores ás que destina anualmente máis de 630.000 euros. Ademais, en Carballo, a Consellería ten concertadas outras 106 prazas para maiores, que supoñen un mantemento anual de 1,5 millóns de euros. En total, na localidade, o departamento autonómico conta con 132 prazas públicas para maiores, ás que dedica un orzamento anual de 2,1 millóns de euros.

Piñeiro destacou que os maiores son unha prioridade para o Goberno galego. En concreto, na provincia da Coruña ofértanse máis de 2.300 prazas públicas para maiores, un 17% máis que en 2009.

Así mesmo, engadiu que o departamento autonómico incide de xeito notable na promoción da autonomía de persoas que, pese a residir en centros asistenciais, deben ter a oportunidade de envellecer de forma activa, retrasando todo o que sexa posible o deterioro físico e cognitivo propios da idade e evitando deste xeito a chegada ou o agravamento das situacións de dependencia.

23 de abril de 2015 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.