Corenta persoas beneficiarias da Risga comezarán mañá a traballar no Concello de Ourense
Dende mañá, 40 persoas beneficiarias da Renda de Inclusión Social de Galicia, (RISGA), comezarán a traballar no Concello de Ourense, gracias á subvención outorgada ao Concello de Ourense para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social, perceptoras dunha renda social.
A subvención está cofinanciada nun 80%, polo Fondo Social Europeo, para a adaptabilidade e emprego, cun importe total para a cidade de Ourense, de 280.404,60 euros. Gracias aos esforzos da Concellería de Benestar Social, a Xunta de Galicia duplicou a axuda inicial concedida á cidade pasando de 20 a 40 as persoas contratadas que se beneficiarán da subvención. As axudas, concedidas e determinadas pola Xunta de Galicia atenden a mellorar a inclusión social dos máis desfavorecidos e impulsar a igualdade de oportunidades.
Os 40 traballadores e traballadoras terán un contrato laboral de 7 meses de duración e traballarán nunha xornada ao 75% (5 horas e media). Na selección de persoal participou unha representante da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e unha representante do Concello de Ourense, entre as persoas remitidas polo Servicio Público de Emprego Estatal, seguindo os criterios establecidos na convocatoria.
Os postos desempeñados serán os seguintes:
– 9 auxiliares administrativos
– 6 oficiais (1 albanel, 2 xardiñeiros e 3 electricistas)
– 7 conserxes
– 18 operarios
Mañá darán comezo ao seu contrato coa realización dun curso de prevención de riscos laborais de 3 horas de duración.
A concelleira de Benestar Social, Marga Martín, valorou a consecución da subvención como esencial para a inclusión social; “a inclusión laboral é o mecanismo máis axeitado e esencial para a inclusión social dos colectivos máis vulnerables. Con este programa se melloran as condicións de empregabilidade e se convirte nunha oportunidade de integración social e laboral, especialmente entre aqueles grupos que teñen unha menor participación no mercado de traballo e que presentan un maior risco de exclusión e, consecuentemente, maiores dificultades para a súa inserción social e laboral”











