publicidade hoxe

Convócanse 10 novos permisos de explotación de percebe a pé na confraría de pescadores de Baiona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaiona
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca 10 novos permisos de explotación para a extracción de percebe a pé na confraría de pescadores de Baiona (Pontevedra). Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e presentar a documentación requirida pola Consellería do Medio Rural e do Mar.

Os interesados poderán consultar a convocatoria na páxina web da Consellería no seguinte enlace. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería. As solicitudes poderán presentarse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Medio Rural e do Mar procederá á súa valoración.

Cabe lembrar que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos.

10 de abril de 2015 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.