Conde subliña que as novas furgonetas de PSA Vigo garanten o posicionamento do sector

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Europa Press

O Goberno galego subliñou que a adxudicación das novas furgonetas á planta viguesa de PSA (que tamén construirá os vehículos industriais lixeiros de Opel, tras confirmarse a alianza con General Motors) garante o “posicionamento” do sector galego da automoción para “8 ou 10 anos”, que é o ciclo de vida destes vehículos.

Así o sinalou este mércores o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, durante o acto de firma dun convenio en Santiago, no que destacou que este novo proxecto para a factoría de Balaídos permitirá á industria galega de compoñentes “demostrar a súa competitividade en termos de prezo e calidade”, para o que contará co apoio da Xunta.

Conde apuntou que “o obxectivo é consolidar a presenza da automoción en Galicia”, para o que o goberno galego seguirá “colaborando co sector auxiliar e coa propia PSA”.

“A adxudicación da nova furgoneta garante o posicionamento en 8 ou 10 anos, e seguiremos traballando para que esa consolidación veña acompañada de máis presencia da industria auxiliar”, indicou, á vez que mostrou a súa confianza na “posibilidade” de que a planta de Vigo “poida optar no futuro a novos desenvolvementos industriais e novos modelos”.

Segundo Francisco Conde, o sector galego da automóbil conta con “todos os condicionantes” para ser competitivo “conseguir novos proxectos”, para o que terá o respaldo da Xunta en áreas como a innovación, a internacionalización, o emprendemento ou o desenvolvemento de ‘fábricas 4.0’.

15 de abril de 2015 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.