publicidade hoxe

Conde destaca en Marín a innovación e a internacionalización como claves do crecemento do sector naval galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMarín
A-
A+

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe en Marín na botadura da draga Omvac Doce, realizada polo estaleiro pontevedrés Nodosa para o armador eumés Canlemar, a aposta pola innovación do naval galego que lle confire novas oportunidades para crecer conseguindo “novos contratos máis alá das nosas fronteiras”, sinalando que “o naval galego ten a oportunidade de liderar o cambio de tendencia do sector naval español”.

Na mesma liña, Conde resaltou a importancia da cooperación entre empresas galegas para gañar competitividade e impulsar a súa internacionalización. “É o esforzo compartido das nosas empresas, de Nodosa, de Canlemar, o que sitúa á industria galega nunha posición inmellorable para competir no gran mercado actual: o mundo”, incidiu o conselleiro.

Na súa intervención, o conselleiro de Economía e Industria destacou que a botadura da nova draga representa “todo aquilo que Galicia quere ser: unha Galicia que coopera, innovadora e aberta ao mundo”. Neste sentido, Francisco Conde subliñou que Nodosa conta co seu propio departamento de I+D+i, o que contribúe a diversificar o seu negocio, construír novos tipos de embarcación, ou realizar buques como o que hoxe se botou.

10 de abril de 2015 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.