publicidade hoxe

Conclúe a primeira fase do programa de inserción sociolaboral Aurora en Catoira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoira
A-
A+
Participantes no programa Aurora

Participantes no programa Aurora

A primeira fase do programa de inserción sociolaboral Aurora, que se está a desenvolver no Concello de Catoira, conclúe cun balance positivo, tanto en participación como, sobre todo, en motivación das beneficiarias.

O programa Aurora é unha iniciativa do Instituto de la Mujer que se está a implementar en Catoira desde o pasado mes de outubro de 2014, froito dun convenio de colaboración entre o Concello e o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. O principal obxectivo deste programa é a realización de actividades conxuntas para desenvolver e incrementar a participación social e o emprego das mulleres no eido rural, facilitando o seu acceso aos dereitos económicos e sociolaborais a través dun itineriario personalizado.

No programa participan 23 mulleres desempregadas que asisten a obradoiros impartidos por unha empresa consultora de formación na Aula CeMIT. Durante esta primeira fase centráronse nos aspectos persoais das mulleres, tendo en conta as súas necesidades persoais, autoestima ou expectativas individuais.

O día 16 de abril terá lugar en Madrid a segunda reunión técnica para a posta en marcha da segunda fase, que persegue a motivación laboral e a orientación profesional e ocupacional de acordo coas oportunidades da localidade.

Está previsto que as accións e actividades do programa Aurora continúen durante este ano 2015 ata o 30 de setembro.

O programa conta cun orzamento de 30.000 euros, dos que o Instituto de la Mujer achega 25.000 euros e a propia entidade local o importe restante.

1 de abril de 2015 | 11:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.