Concello de Vigo e AGEINCO organizarán un evento profesional a finais de ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

O alcalde de Vigo recibiu este mércores á nova diretiva da Asociación Galega de Empresas de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (AGEINCO). Caballero salientou a “capacidade de xeración de emprego de calidade e valor engadido” deste sector e adiantou que ambas entidades colaborarán na organización a finais de ano dunha “gran reunión de profesionais” na cidade.

O rexedor vigués explicou que a Asociación Galega, que optou por situar a súa sede en Vigo, está formada por 30 empresas, que teñen na internacionalización unha “parte importante” do seu funcionamento. A este respecto, a nova dirección transmitu a Caballero a “importancia do papel da Alcaldía” no establecemento das compañías viguesas no exterior, como a acción levada a cabo coa urbe mexicana de Celaya, segundo revelou.

8 de abril de 2015 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.