publicidade hoxe

Comezan os traballos de colocación de céspede artificial no campo de fútbol da Trinidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+
Traballos de colocación do céspede

Traballos de colocación do céspede

O Concello de Riveira informa do inicio dos labores para dotar a campo da Trinidade en Oleiros de céspede artificial. Cómpre lembrar que finais do pasado ano arrancou unha actuación dirixida a remodelar este recinto deportivo, de recente titularidade municipal, e ampliar as dimensións do terreo de xogo ata acadar 97 de longo (antes non alcanzaba os 90) por 55 de ancho (tiña 45).

Unha vez realizados estes traballos e os da instalación de drenaxe, chégase a un momento significativo coa instalación do céspede artificial sobre unha superficie de aglomerado asfáltico, un labor que durará aproximadamente unha semana.

A continuación o campo será equipado con rego automático, ademais de banderíns e portería regulamentaria.

A empresa Excavaciones Abelleira é a encargada de executar esta actuación, cuxo importe ascende a un total de 191.643,83 euros.

1 de abril de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.