Comezan as obras de remodelación dos redutores de velocidade en Ribadumia
O Concello de Ribadumia, no seu compromiso adquirido por parte da alcaldesa Salomé Peña cos veciños do municipio, está a realizar as obras de remodelación dos redutores de velocidade instalados polas parroquias de Ribadumia para diminuír a súa altura e facelos máis descansados.
Os redutores colocáronse no seu momento por petición veciñal para que o os vehículos circulen a unha velocidade moderara dada a proximidade da estrada coas vivendas familiares e por ser unha zona de tránsito habitual.
A remodelación que xa comezou e desenvolverase ao longo desta semana pretende facer máis descansados os redutores adaptándose á normativa actual e reducir o impacto que produce nos vehículos sen descoidar o obxectivo principal de reducir a velocidade.
A remodelación estase a realizar en vinte e seis redutores repartidos polas parroquias de Barrantes, Leiro e Ribadumia. En Ribadumia diminuirase a altura do redutores das estradas de Gándara, da Escusa, de Bouza e do Freixo. En Barrantes serán os redutores de Portela, Callejón Loureiro e dos Coutos –Couto de Arriba-; e en Leiro o de Barreiro.
As obras xa están a realizar polas parroquias onde se atopan os redutores e desenvolveranse ao longo desta semana.











