Comezan as obras de pavimentación de diversas pistas en Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

Estanse a levar a cabo os traballos de pavimentación de diversas pistas en Ribadumia dentro doPrograma de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015 que conta cun presuposto máximo de 74.352,56€. O obxecto é mellorar a rodadura dunha serie de pistas que requiren unha actuación de mellora e mantemento dado o actual estado de conservación.

O abeiro deste programa financiado co Fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural está previsto pavimentar diferentes pistas nas seguintes parroquias: Gándara en Sisán, Muíños Novos en Barrantes, Gándara en Ribadumia, Couto de Arriba no Carballal e finalmente a Bouciña na parroquia de Lois.

1 de abril de 2015 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.