publicidade hoxe

Comeza un novo curso de manipulador de produtos fitosanitarios en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

A concellaría de Formación e Emprego do concello de Gondomar, xunto coa antena de Gondomar da Cámara de Comercio de Vigo, pon en marcha un novo curso de manipulador de produtos sanitarios que permitirá aos alumnos a preparación necesaria para poder examinarse das probas que permiten a obtención do carné nestaespecialidade.

Estasxornadas formativas, que dispón de 30 prazas, non terácusto ningún para o alumnado e permitirá aos interesados a posibilidade de incrementar as súas capacidades persoais e profesionais e mellorar na túacarreira laboral; impartirase entre os días 12 e 15 de maio, ambos os dousincluídos, en horario tarde de 16:00 a 21:00 horas no Centro Neural do concello.

Para poder inscribirse, os interesados/ásterán que presentar entre o 13 e 16 de abril a súasolicitude e documentación no Centro deDesenvolvemento Local do concello, valorarase prioritariamente, estar empadroado no concello, estar desempregado e inscrito na oficina de emprego e a maiorantigüidadeneste. Xunto coa súa petición deberán entregar os xustificantes que mostren que reúnen os requisitos necesarios.

10 de abril de 2015 | 11:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.