Comeza o ciclo de contacontos para conmemorar o Mes dos Libros e o das Letras en Chantada
Mañá sábado 11 de abril ás 12:00 comeza en Chantada o ciclo de contacontos para conmemorar o Mes dos Libros e o das Letras. Será Raquel Galavís a encargada da sesión de mañá, que consiste nun contacontos con música e imaxes proxectadas.
Aproveitaremos para celebrar o día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que por coincidir en plena Semana Santa trasladamos a súa celebración para mañá sábado.
Os sábados 25 de abri, 9 e 16 de maio teremos novas sesións de contacontos. Estas actividades están organizadas pola Biblioteca Pública Municipal coa colaboración do Concello de Chantada e subvencionadas pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cutura, dentro do programa Ler Conta Moito.