publicidade hoxe

Comeza na Agasp o primeiro curso a nivel estatal de experto en criminoloxía viaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal Portada
A-
A+
Inauguración do curso de criminolxía viaria

Inauguración do curso de criminolxía viaria

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor destacou a boa acollida do primeiro curso que se realiza a nivel estatal de experto en criminoloxía viaria, e que hoxe dá comezo na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada.

Luis Menor indicou que esta actividade formativa supón un reforzo na loita contra a delincuencia vial co obxectivo de ofrecer unha formación especifica e cualificada aos que traballan neste ámbito co obxectivo final de continuar reducindo as cifras de siniestralidade nas nosas vías, polo que a Academia en colaboración ca Asociación de Criminólogos de Galicia deseñou esta actividade ca intención de dotar dunha formación especifica aos policías de Galicia na loita contra a seguridade vial.

Segundo destacou o director xeral, o curso ten coma obxectivo ofrecer unha formación máis completa sobre a delincuencia viaria, englobando tanto aspectos xurídicos, como criminolóxicos, psicolóxicos e sociais, e abranguerá aspectos como a criminoloxía do tráfico, aspectos xurídicos da delincuencia viaria, proceso penal dos delitos contra a seguridade viaria, investigación de sinistros e psicoloxía do tráfico. O 20 por cento das materias desenvolverase en modalidade online

A Agasp é a primeira institución pública que oferta este curso a nivel nacional, o que explica o interese e o alto número de solicitudes recibidas, que case alcanza as 600 para un total de 25 prazas. Os alumnos seleccionados son todos titulados en Criminoloxía e corresponden tanto á policía local, como á nacional e á garda civil.

9 de abril de 2015 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.