Comeza en Monforte o Certame de Teatro para centros de ensino coa obra do colexio Ferroviario
OXXIV Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte iniciarase mañá martes día 14 de abril coa actuacióndo alumnado do Colexio P. Ferroviario, que porá en escena a obra “Tempos modernos para todos”.
Trátase de dúas pequenas obras sobre os tempos modernos que nos tocou vivir e nas que participarán nove actrices e actores dirixidos/as por Sabela González Chas e Juan José Diéguez López.
As datas das representacións e o título das obras que levarán a escena os centros participantes son as que seguen:
COLEXIO P. FERROVIARIO:Tempos modernos para todos, martes 14 de abril
IES RÍO CABE: Macbeth, luns 27 de abril
COLEXIO PP. ESCOLAPIOS: Fantasía, martes 28 de abril
IES A PINGUELA: A revolución azul, mércores 29 de abril
CEIP A GÁNDARA: Acabouse a función, xoves 30 de abril
CEIP DE MONFORTE: A fala, martes 5 de maio
CEE INFANTA ELENA: Lola y Lolita las del frasquito, xoves 7 de maio
ASOCIACIÓN INVITADA
PRODEME: Enriqueta Si, Enriqueta No, mércores 6 de maio
Tódalas representacións levaranse a cabo na Casa da Cultura ás 20:00 h.
A entrega de premios realizarase o día 7 de maio, unha vez que finalice a representación do colexio Infanta Elena.
Na edición do ano 2014 este certame rexistrou unha gran participación. Seis centros de ensino e a asociación invitada Prodeme, representaron un total de sete obras teatrais nas que participaron 82 actores e actrices, 12 directores/as, e varias persoas máis distribuídas nos equipos de vestiario, perruquería, iluminación, etc…











